SEPGA nace co fin de de paliar a carencia de representatividade dos grupos A da Xunta de Galicia e dar voz aos empregados públicos do corpo superior, ben sexan de administración xeral ou especial, nos órganos nos que se adoptan as decisións que marcan a nosa vida profesional. Conseguimos o fito histórico de formar candidaturas en catro circunscricións (Coruña, Lugo, Pontevedra e servizos centrais) para representarnos e poder facer  oir nosa voz.

Os mellores candidatos

Garantía de cercanía

Inquietudes comúns

Contamos con el respaldo de las asociaciones profesionales del grupo A. Somos parte de vosotros. Somos todos aquellos que a lo largo de estos años hemos trabajado juntos en muchos de los departamentos de la Xunta de Galicia. 

Ata agora  ninguén velou polos nosos dereitos nin tivo en en conta as nosas necesidades como colectivo; ao contrario, durante todo este tempo, moitos de vós confirmastes un menoscabo na nosa dignidade profesional que é preciso defender sen máis demora.

É o momento de apostar por ter voz propia e poder defender na Mesa de Empregados Públicos cuestións como a subida das retribucións; a mellora no nivel de acceso aos corpos; unha formación adecuada ás nosas peculiaridades; o establecemento dunha verdadeira carreira profesional,...

Sobre nos