Cargando...

Novas Mais Novas

NA DEFENSA DA CARREIRA PROFESIONAL

23/02/2021

foto  EN DEFENSA DE LA CARRERA PROFESIONAL


Ante a previsión de que nas vindeiras datas a Consellería de Facenda convoque  o proceso extraordinario para o recoñecemento do grao II da carreira profesional, dende o Sepga consideramos este intre como crítico para lograr, entre outros,  a equiparación do Grupo A na carreira profesional.

O Grupo A ven de sufrir nos últimos anos con maior intensidade con respecto do resto de Grupos a diminución de retribucións, tanto en valores absolutos como relativos. A diminución das retribucións no ano 2010 polo Goberno de España, que continúa afectando as nosas nóminas polo recorte na parte do soldo das pagas extras, acredita a afirmación anterior. As diferentes porcentaxes que cobra o Grupo A respecto do resto de grupos nos complementos asociados á carreira profesional, vense tamén a sumar.

Recoñecemos que unha parte das medidas non foron tomadas polo goberno autonómico, pero si a última delas, nun contexto no que non existían motivos nin circunstancias económicas que a xustificaran. Abordando neste intre a equiparación, temos a posibilidade de emendar a maior parte do diferencial entre o Grupo A e o resto de grupos aprobado no Acordo de concertación.

Polo anterior, e co ánimo de avanzar na equiparación do Grupo A na carreira profesional co resto de grupos:

- Solicitamos á Consellería de Facenda e Administración Pública que tome a iniciativa e convoque as organizacións sindicais, ao obxecto de contribuír á mellora do Acordo de concertación nos aspectos antes indicados e noutros que sexan propostos polas diferentes partes.

- Solicitamos a UXT e CCOO a que se sumen na consecución da mellora do Acordo de concertación asinado, de tal modo que un bo acordo para unha parte dos empregados públicos se converta nun bo acordo para TODOS OS EMPREGADOS PÚBLICOS.

- Solicitamos á CIGA, entendendo a existencia de diferencias co resto de sindicatos, que aparque as mesmas, que se centre na mellora das condicións laborais dun importante número de empregados públicos e se una á mellorar dito acordo  aportando as melloras que considere oportunas.

-Así mesmo, solicitamos outro tanto do CSIF. Instamos a que  abandone a liña de desacordos que mantén (co resto de OOSS) e  se sume  na busca de acordos que melloren as nosas condicións laborais.

Consideramos, que a Consellería de Facenda e Administración Pública ten capacidade para mellorar o acordo de concertación así como que as organizacións sindicais, demostrando a responsabilidade sindical que os empregados esperan de nós, entre todos, aproveitemos a oportunidade para mellorar as condicións laborais de miles de empregados públicos o que sen dúbida abondará na consecución do verdadeiro espírito da carreira profesional, mellora da calidade na prestación dos servizos públicos e o seu debido recoñecemento.

Esiximos que se proceda de xeito inmediato á remoción das condicións que impiden a equiparación da carreira profesional das persoas que integran o grupo A, adoptando, á súa vez, as medidas necesarias para corrixir os agravios comparativos que xa se teñen producido.

 

Dende Sepga, insistiremos e insistiremos na búsqueda da equiparación da carreira profesional do grupo A ata conseguila.