Cargando...

Novas Mais Novas

Petición de cita co Conselleiro de Facenda e Administración Pública

18/02/2022

foto  Petición de cita con el Conselleiro de Facenda e Administración Pública

O pasado 15 de febreiro de 2022 ante o nombramento do novo conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, Miguel Corgos López-Prado, e dadas todalas cuestións que SEPGA ten e tiña pendentes coa citada consellería se solicitou unha cita mediente o seguinte texto:

Prezado Sr. Conselleiro

 Sen prexuízo de trasladarlle o noso pésame (compartido por toda a administración) polo pasamento de Valeriano Martínez, dende o Sindicato de Empregados Públicos de Galicia queremos aproveitar tamén para felicítalo polo seu nomeamento nunha consellería con tanta importancia para o devir da función pública galega e do seus empregados.
 
É o noso desexo que a súa labor como conselleiro sexa o máis exitosa posible e unha vez que transcorreu un tempo prudencial dende o seu nomeamento, gustaríanos iniciar o diálogo, á maior brevidade posible, co obxecto de abordar temas pendentes, que son de especial trascendencia e sensibilidade para os empregados públicos da Xunta de Galicia, especialmente para os do Grupo A, aos que maioritariamente representamos.
 
Entre eles queremos destacar os seguintes:
 
- A discriminación na carreira administrativa para os empregados públicos do grupo A e a actual situación de parálise deste recoñecemento.
 
- O desenvolvemento da Ley de emprego, coa necesidade de que se convoquen á maior brevidade posible os concursos específicos para prover as xefaturas de servizo. (É inostenible que moitos compañeiros se atopen dende hai anos en comisións de servizo sen poder desenvolver axeitadamente a súa carreira administrativa).
 
- A creación dun "expertise" de funcionarios públicos, co que suavizar o exceso de contratación externa, valorizando o coñecemento que atesoran moitos empregados públicos, auténticos especialistas en moitas materia. Neste punto tamén é interesante poder tratar o tema da xestión dos fondos next generation e a necesaria implicación do alto funcionariado galego.
 
- Adecuar as mesas de negociación cos representantes sindicais á nova realidade existente. É de todos coñecido que nun momento no que os representantes sindicais eran os mesmos para persoal laboral e para funcionaros, convocar só a Mesa Xeral respondía a una cuestión de eficacia.
Na actualidade, cun proceso de funcionarización, parece imprescindible que a mesa de funcionarios acade un peso moito maior e, en consecuencia, sexa o lugar de diálogo para tratar as grandes cuestión que afectan a este colectivo, entre as que se encontran o teletraballo dos próximos anos (cómpre resaltar que este sindicato quedou inxustificadamente excluido do diálogo actual derivado dunha situación tan grave como a vivida coa pandemia).
Polo tanto, demandamos que se convoque a mesa sectorial de funcionarios públicos con habitualidade.
  
Agardamos a súa pronta resposta para poder iniciar o traballo á maior brevidade posible.
 
Reciba un cordial saúdo
 
A Xunta Directiva de SEPGA

 

Actualización a 22 de maio de 2022. A pesares de ter reiterado a petición de cita, nin o conselleiro, o seu gabinete, secretaría xeral técnica da consellería ou calquera outro departamento relacionado, non se ten contestado a petición de cita cunha organización sindical que quere trasladar as súas inquedanzas.