Cargando...

Novas Mais Novas

Constitución da Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos da Administrac

30/01/2020

foto  Constitución de la Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos de la Administración General de la Xunta de Galicia.

Bos días
 
Despois dunha longa espera e grazas á insistencia deste sindicato -SEPGA- para que se proxectasen os resultados electorais do 11 de abril do ano pasado no sistema de participación dos empregados públicos, en convocatoria extraordinaria do día 27 de xaneiro, tivo lugar a constitución da Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos da Administración Xeral da Xunta de Galicia.
 
Fai xa un ano asumimos con ilusión o reto de participar activamente na defensa dos dereitos dos funcionarios públicos da Xunta de Galicia, para colaborar na procura de que as persoas que prestamos servizos nesta administración teñamos as mellores condicións de traballo, cunhas retribucións dignas.
 
Coa constitución da Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos da Administración Xeral da Xunta posibilítase, por fin, que a nosa inicial ilusión poida desenvolverse a través das canles legalmente previstas para defender os dereitos e lexítimos intereses dos empregados públicos.
 
Agardamos que este sexa o comezo dunha nova etapa na organización representativa da Xunta, de diálogo e colaboración co resto de sindicatos, para que tódolos intereses dos empregados públicos poidan ser atendidos, dando voz a perspectivas antes silenciadas.
 
Estamos á vosa disposición, con ganas de escoitar as vosas inquedanzas e levar a vosa voz aos órganos de representación do persoal."
 
Lembrade que podedes afiliarvos dun xeito sinxelo seguindo as instrucións recollidas na nosa web http://www.sepga.es/Afiliate/

Igualmente, se desexades participar connosco na defensa dos nosos dereitos ou formular suxestións, inquedanzas etc, podedes facelo a través do mail sindicato-sepga@xunta.gal