Cargando...

Novas Mais Novas

MODIFICACION DA RPT DA CONSELLERIA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

28/02/2023

foto  MODIFICACION DE LA RPT DE LA CONSELLERIA DE FACENDA Y ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Nas últimas datas se discutiu coa Consellería de Facenda e Administración Pública unha ampla modificación da RPT desta consellería que afecta a distintos departamentos.

Como feitos destacables vos informamos de:

- Abuso do criterio de establecer a Libre Designación como forma de provisión das xefaturas de servizo, en detrimento da aínda non desenvolta nin aplicada forma de provisión por concurso específico. Lamentamos que nunha consellería que debería dar exemplo respecto a este tema, moitas prazas de xefaturas de servizo e aínda incluso de xefaturas de sección cambien a súa forma de provisión de concurso a libre designación, e en consecuencia o concurso específico pase a ser unha rara avis nesta consellería. Parece que agora a liña de traballo vai ser "«Si queremos que todo siga como está, necesitamos que todo cambie»" como indicaba unha personaxe do Gatopardo, de tal xeito que aínda antes de por en marcha os concursos específicos, cambiamos o repertorio  a libre designación, e xa está.

Dende SEPGA como sabedes se aposta por unha administración independente e profesionalizada e este tipo de medidas van en contra deste ideario, polo que mostramos o noso rexeitamento.

- Reforzo dos cadros de persoal da Dirección Xeral de Función Pública na que se pretenden crear máis de trinta novas prazas. Neste senso nos congratulamos de que un departamento tan necesario para un correcto funcionamento da administración e dos seus empregados públicos, por fin se dote dos necesarios medios personais para levar a cabo a súa fución, esperando que tamén se modernice mediante as pertinentes ferramentas informáticas. Porén tamén indicamos que esta medida chega moi tarde moitísimos anos despois do que se necesitaba, como ben se observa pola excesiva temporalidade que ten coma consecuencia a Ley 20/2021de 28 de diciembre, de medidas urgentes para la reducción de la temporalidad en el empleo público. Esperemos que con esta cuestión se mellore non so os procesos derivados desta norma, senón tamén a tan necesaria xestión dos concursos dos empregados públicos (frecuencia e prazo de resolución), e a selección de persoal mediante a regular convocatoria de oposicións.

 

Podedes acceder a máis información no documento que se xunta.