Cargando...

Novas Mais Novas

NEGOCIACION ACORDO FISP XUNTANZA 29/06/23

04/07/2023

foto  NEGOCIACION ACORDO FISP REUNION 29/06/23

O pasado xoves, a Dirección Xeral de Función Pública convocou a terceira reunión para a negociación do Acordo entre a Consellería de Sanidade e as Organizacións sindicais sobre a modificación da RPT e ordenación e mellora da prestación de servizos farmacéuticos oficiais da clase Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública (FISP) a que asisitiron representantes da Consellería de Sanidade coa finalidade de ter un trato máis directo con responsables da elaboración da proposta do borrador e das modificacións que se foron introducindo.

Nun primeiro lugar as persoas representantes da Consellería de Sanidade explicaron a sua visión das cuestións así como as modificacións e os argumentos para o documento na versión presentada.


Respecto ao borrador por parte de SEPGA se indicou:

- Se teñen producido avances respecto da primeira versión respecto do número de turnos de tarde e gardas (reducción respecto do número inicial, de tal xeito que propoñen 10 tardes ao bimestre e 6 gardas de sábado e domingo ao ano), funcións durante as gardas de fin de semana (eliminación de presencia por motivo de denuncias) e modificación da organización de turnos para que foran as xefaturas provincias as que tiveran flexibilidade naquelas provincias con menor número de inspectores para así poder cumprir as funcions encomendadas nas gardas sen ter que establecer un número de gardas coma o que se propuña ao principio. Nese senso observamos una actitude positiva nos responsables da administración.

- Respecto dos horarios de turnos e gardas non se foi tan comprensivo de xeito que non se modifican os horarios de turnos de tarde e de gardas de fin de semana, establecendo uns horarios prexudiciais para a conciliación vida familiar e incluso pouco acordes con horarios de establecementos e lugares susceptibles de actuación. Ademais non se ten en conta todavía a consideración das gardas localizadas coma tempo de traballo a efecto da consideración anual de horas traballadas, en liña coa xurisprudencia europea e as sentencias dos tribunais europeos que teñen que chegar á nosa lexislación; nese senso é unha cuestión que sen dúbida deberá abordarse no futuro.

-Respecto a funcións, niveis e complementos polas gardas o documento non reflicte variacións respecto do que xa nos presentaran anteriormente.

 

SEPGA manifestou que, en liña coas opinións e consideración achegadas polas persoas que forman parte deste corpo de inspección, considerabamos que si ben é un documento mellorable, tamén supón un avance respecto das condicións existentes e, nese senso, mostrábamosnos dispostos a aceptalo, pero existía unha cuestión que era un límite que non podemos aceptar, que non é outro que a consideración da necesidade de carnet de conducir, sen ter en conta ningún tipo de acordo de esta cuestión, nin de complemento de conducción a negociar, e que ademais se situaba na proposta de acordo dun xeito estrano, ao consideralo coma formación (para un inspector sanitario dun grupo A1) e coma requisito imprescindible, polo que argumentamos a nosa posición contraria a este respecto.

 

Onte nos achegaron unha nova versión da proposta de acordo, na que ademais de retocar algunha incongruencia e clarexar algún concepto respecto das gardas de fin de semana, se retira a cuestión do carnet de conducir coma formación e requisito imprescindible, o que sen dúbida nos parece moi oportún e polo tanto queremos recoñecer a sensibilidade da Consellería de Sanidade e da administración nesta cuestión, o que fai que non teñamos líñas bermellas no acordo.

 

Podedes acceder a nova versión que nos foi subministrada e que será abordada nunha reuniónprobablemente probablemente definitiva este próximo xoves día 6 de xullo.


Saúdos.