Cargando...

Novas Mais Novas

NOVAS DA MESA SECTORIAL DE FUNCIONARIOS DO 13 DE SETEMBRO DE 2024

01/08/2024

foto  NOTICIAS DE LA MESA SECTORIAL DE FUNCIONARIOS DE 13 DE SEPTIEMBRE DE 2024

No punto de “Rogos e preguntas” da Mesa de Funcionarios de 13 de setembro, por parte de SEPGA procedemos a preguntar parte das cuestións que interesan a esta organización sindical así como daquelas que nos achegastedes nos días anteriores. Procedemos a indicar as preguntas e suxerencias realizadas así como, de ser o caso, da resposta da Dirección Xeral de Emprego Público.

ESTADO DE EJECUCION DOS CONCURSOS CONVOCADOS

Solicitamos que dado o bo número de concursos que afectan tanto aos corpos xerais como a moitas escalas da administración, se informase do estado en que se atopan e das previsións para os seguintes pasos e incluso para a resolución destes concursos, pedindo que  a DX de Emprego Público aporte un cronograma tanto do estado actual, como das previsións para cada concurso, entendendo evidentemente que ditas previsións serán aproximadas e orientativas.

A Directora Xeral contesta que efectivamente se está traballando na continuación dos concursos xa convocados e  se atopa pendente de abrir prazo para acreditar méritos.

Non se concreta acerca dos distintos tipos de concursos nin da oportunidade de brindar ou publicar un cronograma para información das persoas participantes ou interesadas.

CONCURSOS DE ESCALAS PENDENTES DE CONVOCAR

A pesar do esforzo realizado dende novembro de 2023 e o primeiro trimestre de 2024, no que se convocaron concursos ordinarios para a administración xeral e diversas escalas da administración especial, aínda están pendentes as convocatorias para outras escalas, entre as que destaca tanto polo número de integrantes como polo tempo transcorrido dende o último concurso, a do corpo de Veterinaria, así como que na actualidade hai ata tres procesos selectivos que aínda están en destino provisional ou pendentes de nombramentos de funcionarios. Cabe recordar que o anterior responsable da Dirección Xeral fai un ano indicou que o concurso desta escala sería un dos primeiros en ser convocado. Porén un ano despois seguimos sen noticias do mesmo, incluso tras as modificacións puntuais das RPT das Consellerías de Sanidade e Medio Rural, polo que tras indicar estes extremos preguntamos polas previsións.

Por parte da Dirección Xeral se indica que son conscientes deles e que, en concreto respecto da escala veterinaria, están pendentes de os borradores relacionados coas RPT para poder tramitalos e negocialos. Esta resposta parece indicar que o concurso de dita escala parece que se seguirá dilatando no tempo.

CONCURSO ESPECIFICO

Reiteramos a pregunta realizada na anterior mesa, relativa a en qué estado se atopa o desenvolvemento do concurso específico, tendo en conta que dende a súa inclusión la Lei 2/2015, de Emprego Público de Galicia, van pasando os anos e se segue sen avanzar, coas persoas pendentes en comisión de servizos, situacións de dobre ocupación das prazas, etc., polo que parece moi necesario avanzar neste senso.

A Directora reitera a resposta da anterior mesa por canto indica que se están analizando os postos afectados en aras a unha futura convocatoria deste concurso.

Dende SEPGA esperamos que esta situación non se converta nun estado estacionario e non evolucione de esta etapa, e en verdade se avance cara a un concurso que é fundamental para unha profesionalización da administración autonómica.

CARREIRA PROFESIONAL

Solicitamos información respecto dous aspectos da carreira profesional.

En primeiro lugar preguntamos pola convocatoria do acceso ao grao III do réxime extraordinario da Carreira Profesional que debe entrar en vigor en 2025 e ser negociado no segundo semestre de 2024, considerando que estamos a mediados de setembro de 2024.

Así mesmo, indagamos acerca da necesidade que SEPGA observa para negociar e establecer un acceso ao Grao IV extraordinario que permita ás persoas que dedicaron a súa vida profesional á administración autonómica, acceder a este grao antes da súa xubilación e así cando menos se lles recoñeza o que houbera sido o grao que deberían ter alcanzado en condicións normais de creación de carreira profesional no ámbito da administración autonómica.

Por outra banda tamén solicitamos información acerca da Carreira Profesional Ordinaria e o seu desenvolvemento.

Solicitamos igualmente que se estableza un prazo aberto de solicitude de recoñecemento dos graos, de modo que se poida solicitar o recoñecemento do grao en calquera momento, con efectos económicos dende o momento no que se cumpran os requisitos para elo, así como en calquera caso, abrir novamente un proceso extraordinario de solicitudes para aquelas persoas que por circunstancias sobrevenidas quedasen fora da carreira a pesar de cumplir cos requisitos.

A Directora Xeral indica que efectivamente no segundo semestre se debe iniciar a negociación do acceso ao grao III pero estiman que aínda se está en tempo e prazo.

GRUPOS DE TRABALLO XESTIÓN FONDO RECUPERACIÓN E RESILIENCIA E FONDOS EUROPEOS

Como en moitas ocasións se solicita información e transparencia acerca da cuestión tal e como establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e a Resolución do 24 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2021 polo que se aproban as actuacións en materia de persoal para a xestión dos fondos de recuperación e resiliencia (FRR) e outros fondos europeos (DOG núm. 127 de 6 de xullo de 2021), na que se establece o procedemento para a constitución de ditos grupos.

Neste senso se pregunta sobre si se crearon grupos de traballo, cantos e en que ámbito oe o seu obxecto de traballo, así como se hai información no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia.

De igual xeito se hai información acerca da publicación dalgunha convocatoria por parte dalgunha Consellería, e de ser o caso onde pode revisarse. Tamén SEPGA solicita transparencia neste asunto e que se publiquen estas convocatorias a través do Diario Oficial de Galicia, coa finalidade de que tanto o persoal da Administración, coma a cidadanía teña acceso á dita información.

Respecto a posibles compensacións ¿se están abonando ou se van a abonar? ¿Estableceu a DX FP algún tipo de regulación a efectos de recoñecemento profesional ou na carreira administrativa do persoal que participe nos grupos de traballo?  ¿Adoptouse algunha medida de formación?

Deste tema non se obtivo resposta por parte da Dirección Xeral.

SERVIZO MÉDICO DE ATENCION AO PERSOAL DA XUNTA, UBICADO EN SAN CAETANO

Solicitamos información sobre qué persoal médico ou de enfermaría se atopa habilitado para a expedición de receitas, así como se xa se ten prevista e planificada a campaña de vacinación deste ano para prevención da gripe e pneumococo.

Anteriormente SEPGA foi coñecedora de problemas para expedir receitas xa que unicamente se atopaba habilitada unha persoa para a expedición de recetas, e polo tanto en caso de baixa, vacacións ou permisos para asuntos particulares, non se dispoñía de ninguén que poidera realizar dita tarefa.

Neste apartado, a Directora Xeral dixo que procuraría informarse e coñecer qué problemas existían.