Cargando...

Novas Mais Novas

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO SEPGA

04/11/2026

COMUNICACIÓN ENVIADA A PERSOAS AFILIADAS A SEPGA

Aínda que non reúnas esta condición, se che interesan os principios que defende SEPGA en materia de administración autónoma, podes asistir, sen voto, á Asemblea e, se o consideras oportuno, solicitar a afiliación.

 

Día: 25.11.2026, mércores.

Hora: 17.15 (1.ª chamada) 17.30 (2.ª chamada)

Lugar: Aula número 2 dá Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid nº 2-4. Fontiñas - 15707 Santiago de Compostela

 

Todos os afiliados poderán asistir ou delegar o seu voto. Para a delegación de voto, permítese un máximo dunha delegación por persoa e será necesario completar o formulario proporcionado e presentar unha copia do DNI da persoa que delega. Así mesmo, a persoa delegada deberá identificarse o día da reunión.

Nos próximos días obterase a documentación necesaria para abordar os diferentes puntos da orde do día.

 

ORDE DO DÍA

1            Lectura e aprobación, se procede, das actas da Asemblea anterior.

2            Informe do Comité Executivo da xestión e da actividade sindical.

3            Informe da Comisión Executiva sobre a situación económica.

4            Votación sobre a proposta de cota anual para persoas afiliadas.

5           Informe e aprobación, se procede, do Plan de Actuación 2027 no que se inclúen as eleccións sindicais.

6            Rolda libre de intervencións.