Cargando...

Novas Mais Novas

Modificación da RPT da Consellería de Emprego

16/11/2026

A reunión celebrada  o 13.11.2026 coa Secretaría Xeral Técnica pola modificación da RPT da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración tratou sobre as seguintes cuestións:
 
O secretario xeral indica que dita modificación, que xa se discutira fai tempo, pretende crear un modelo igualitario de Oficinas de Emprego (OE) consistente en:

- Xefatura de servicio – nivel 28 nas OEs grandes e nivel 25 nas pequenas.

A continuación haberá 1, 2, ou 3 coordinadores. Posteriormente estarán abertos só a A2 e e C1.

Xestores de emprego, abertos únicamente C1 e C2.

 

Indica que nas OEs hai moitísimos xestores de emprego. Coa modificación da RPT aqueles postos que  actualmente teñen nivies 12, 14 e 16 pasarán a nivel 18 con carácter definitivo.

En canto ao número de prazas temos que Xestores son 238 PRAZAS, 70 COORDINARDORES E 53 DIRECTORES.

Os coordinadores ata o de agora eran postos base nivel 16 ou 20 pasarán a nivel 22 con carácter definitivo.

En todas as oficinas vai a haber un coordinador. Nas grandes tres coordinadores.

Esta tramitación posto que é un PLAN DE EMPREGO, polo que implicará facer un acordo. A tramitación do acordo levarase conxuntamente coa modificación da RPT xa que considera que esta fórmula é a máis sinxela.

Ademais, créanse 8 postos de subalterno. Teñen a intención de, a medida que queden vacantes, incrementar o número de subalternos, principalmente nas oficinas grandes.

Outra novidade é a creación da OFICINA DE ATRACCIÓN DE TALENTO, como consecuencia da asumción de competencias da tramitación de permisos de traballo de persoas extranxeiras. O 1.03.2027 entra en vigor o traspaso desta función, polo que para esa data xa ten que estar creada a oficina. Trátase dun servizo con 4 seccións, a primeira será de atracción de talento, a segunda será de telemática, para coñecer as necesidades de emprego que hai, unha terceira de autorizacións e unha cuarta de resoluciónd e recursos. Cada sección constará con 2 xefes de negociado. A segunda levará 2 xestores de emprego. Isto en SSCC. Ademais existirá unha oficina en cada una das 7 grandes ciudades, cada unha formada por 2 negociados, máis 3 persoas da OFICINA RETORNA do programa de FSE.

En consecuencia, a oficina de atracción de talento contará con 50 prazas: 15 en SSCC e  35 en servizos periféricos. O custo dos empregados de retorna cúbrese con fondos FSE e o resto con fondos propios e coas taxas que se perciban pola xestión das autorizacións.

Finalmente tamén créase unha praza de letrado asesor para a parte de emprego e tamén hai un letrado asesor para a parte de emigración e comercio. Tamén convirten o posto de arquitecto técnico pasa a nivel de servizo 28.

 

Os representantes do SEPGA formularon as seguintes observacións e alegacións:

A pesar dese esforzo e da subida de nivei, que debía alegrar ao persoal, pero a xente transmite descoñecemento e sorpresa. Non se falou co persoa a diferencia da anterior negociación que finalmente non chegou a rematar.

Consideramos que debe existir unha axeitada distribución de postos e de funcións seguindo a norma fundamental na función pública galega como é a Lei de Emprego Púbico de Galicia, que no seu artigo 42 sinala que as funcións de planificación corresponden aos corpos superiores e aos de xestión o resto. No análise da RPT hai postos que non teñen en conta as competencias das escalas. 

Destacamos que entre o persoal implicado nestas cuestiones hai catro inquietudes que tamén se deben trasladar á Consellería:
  1. Subir os niveis dos postos de coordinación.
  2. Que a coordinación sexa para as escalas superiores.
  3. Denúnciase que hai oficinas sin postos de coordinación.
  4. Débese dimensionar o persoal de cada OE á súa carga de traballo. Hai oficinas infradimensionadas.

Entre a escala técnica de orientación é unha petición unánime que os niveis dos postos cheguen ao 22 dada a mellora de ata 6 puntos de nivel noutros colectivos, e que os postos de coordinación se abran a esta escala, porque ten que haber unha capilaridade.

Tamen realizamos unha critíca a centralización da coordinación en servicios centrais.

Finalmente pedimos que a sección do SMAC sexa para un licenciado en dereito.
 
O próximo 19.11.2026 continuarase coa negociación.