Cargando...

Novas Mais Novas

CONVOCATORIA ACCESO GRAOS I E II DO SISTEMA EXTRAORDINARIO CARREIRA

01/12/2022

foto  CONVOCATORIA PARA EL ACCESO GRADOS I Y II DEL SISTEMA EXTRAORDINARIO CARRERA ADMINISTRATIVA

No DOG de 1 de decembro de 2022 se publica  a ORDE do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será de 15 días hábiles (ata o 26 de decembro).

Aínda que para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365, https://sede.xunta.gal/chave365, os empregados públicos poderán acceder o formulario de solicitude a través do portal web
da función pública desde a sección https://www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional ou no enderezo http://fides.xunta.gal

Xuntamos un manual de instruccións para realizar as solicitudes de acceso ao sistema extraordinario polo devandito sistema por se vos fose de utilidade.

 

 

Tamén no DOG de hoxe publicase a ORDE do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.