Cargando...

Novas Mais Novas

MESA DE FUNCIONARIOS 12.02.24 CONCURSOS ORDINARIOS ADM. XERAL E DIVERS

07/02/2024

foto  MESA DE FUNCIONARIOS 12.02.24 CONCURSOS ORDINARIOS ADM. XERAL Y DIVERSAS ESCALAS

O pasado 12 de febreiro celebrouse unha Mesa Ordinaria de Funcionarios nas que se trataron como asuntos principais a negociación das resolución de convocatoria de concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral e de corpos e escalas de administración especial da Administración Xeral da Xunta de Galicia. Escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Previamente, o 8 de febreiro celebrouse unha reunión preparatoria urxente desta mesa.

A Mesa transcorreu con moita celeridade e presa, posiblemente porque existía unha axustada axenda, cunha comisión de persoal que tiña entre os seus puntos unha cuestión de moito interese para a administración e asa organizacións sindicais da comisión de persoal, como era o Acordo de persoal funcionario do SPIF (Servizo de Protección de Incendios Forestais) que preste servizos en réxime de quendas excepto Axentes Facultativos Ambientais, Axentes Forestais e o persoal técnico, que conte con regulación propia, e de modificación de RPT de funcionarización

O director xeral anunciou ao comezo da mesa que non se aceptarían alegacións que se fixeran na mesma, aplicando unicamente as xa avaliadas anteriormente relativas concretamente a que aquelas plazas ocupadas por motivos de saúde non saen a concurso. Porén, se aquelas persoas que as ocupan obtiveran plaza no concurso, ditas plazas saerían posteriormente a resultas, e un cambio na redacción do apartado de conciliación por fillos que pode ser positiva en casos de país con separación ou divorcio (cambiase “cos seus fillos” por “dos seus fillos”).

Non obstante, dende SEPGA e seguindo os principios polos que nos presentamos ás anteriores eleccións expusimos o seguinte:

  • Reclamamos que tódalas prazas vacantes ou afectadas por estabilización, funcionarización etc, que sexan susceptibles de ser ocupadas polos actuais funcionarios de carreira se oferten nos buzóns que deben estar máis perfilados por parte das consellerías.
  • Indicamos que no concurso dos corpos especiais , escalas de enxeñeiros, arquitectos e ciencias nos buzóns existen prazas abertas a outras escalas que en principio non parecen convocadas nos borradores de convocatorias, o que faría que se desvirtuase o concurso e foran privados da posibilidade de acceder a esas prazas. Ademais, dado que detectamos cando menos 7 prazas que afectan á escala veterinaria, solicitamos que se convocase simultaneamente o concurso da escala veterinaria, que curiosamente aparecía fai uns meses como unha prioridade, pero que vai retrasándose (ao parecer polo retraso da consellería de Sanidade respecto a modificacións en prazas veterinarias que pretende realizar na RPT, das que xa se falaba fai meses pero das que non temos noticias por parte desa consellería). Tamén que se convocasen os concursos de todas as escalas que puideran estar afectadas e que en xeral se acelerasen os concursos da administración especial, que levan moitos anos sen realizarse. Cando menos conseguimos que se aclarase que as persoas que estiveran a dispor e pertencesen as escalas con prazas en buzóns, pero que non aparezan como escala convocada non tivesen que concursar obrigatoriamente, dado que a lei de emprego público así o manda, e outra cousa que non tería sentido: ter que participar sen que a túa escala se atope convocada. Do resto das cuestións se contestou que se mirarían a ver que se pode facer, aínda que polos prazos que hai ata o día 18 parece pouco probable.
  • Solicitude de realización do concurso específico, que xa aparece na lei 2/2015 pero que aínda non se ten celebrado e supón que en moitos casos que exista unha dobre ocupación de prazas (libre designación-comisión de servizos/praza en propiedade) debido a falla de continuidade e estabilidade das persoas que ocupan postos de libre designación.
  • Avanzar de xeito firme cara a un concurso permanente que evite situacións coma as sucedidas nas dúas últimas décadas nas que moitas escalas tiveron un concurso en todo ese tempo.
  • Manifestamos as nosas reservas respecto das áreas funcionais no apartado outros méritos valorables, que consideramos de difícil aplicación nas escalas especiais técnicas, nas que SEPGA considera que todo é unha única área funcional, baseada na súa titulación e na superación do pertinente proceso selectivo. En calquera caso se solicitou que se teñan uns criterios claros e públicos.
  • Respecto do tempo transcorrido dende a última adxudicación do posto, debido ao retraso en resolver o concurso de corpos xerais (convocado no ano 2019 e resolto no verán do ano 2022 o que podería impedir participar aos que obtiveron praza), tendo en conta o desenvolvemento de procesos selectivos que ocasionaron destinos provisionais durante 5 ou 6 anos (o que afecta a puntuación neste apartado) e polas circunstancias a partir do ano 2019 de procesos de funcionarización que poden desvirtuar esta cuestión entre funcionarios e funcionarios que accederon por este proceso, solicitamos a retirada deste apartado do concurso, aínda que fora de xeito excepcional e puntual.
  • No relativo a cursos de formación, titulacións, reivindicamos o de sempre: valoración de cursos por ministerios ou seus organismos dependentes e polas consellerías, ter en conta aos docentes en formación para a puntuación,  valoración das titulacións e inclusión de outras titulacións postgrao etc.
  • Medidas de conciliación e xénero: propoñemos unha modificación da redacción para incluír o acceso a postos situados na “localidade ou no radio de 30 km onde radique a residencia familiar ou o domicilio da persoa dependente, eliminando a obrigatoriedade de ser coidador  substituíndoa por ser parte da unidade familiar que se debe ocupar da persoa dependente.
  • Respecto ás solicitudes de elección de postos de traballo e debido á situación das persoas que se atopan na condición de “a dispor” reclamamos que Función Pública publique unha nota aclaratoria ou interpretativa deste tema para unha mellor información e asesoramento das persoas funcionarias afectadas por esta cuestión.
  • No apartado de “Rogos e preguntas” unicamente SEPGA empregou este apartado para dúas cuestións: o retraso que manifestan os 25 enxeñeiros e 48 enxeñeiros técnicos forestais aprobados no ultimo proceso selectivo de 2021 para obter unha praza en destino provisional a pesar de que o ultimo exame se realizou en novembro de 2022, ao que o director contestou que era consciente da circunstancia de que non teñen destino provisional pero negou retrasos nese proceso, xa que indicou que o prazo para presentar a documentación pertinente rematou en novembro de 2023. Tamén manifestamos o noso malestar pola seguinte cuestión que desenvolvemos no seguintes parágrafos.

 

Dende SEPGA queremos manifestar o noso malestar polo feito de que esta organización sindical foi excluída en principio da entrega dos borradores de resolución polos que se convocaban concursos ordinarios para a Administración Xeral e para as escalas de enxeñerías, arquitecturas e ciencias da Administración Especial.

Ditos borradores, que regulan un asunto de singular importancia como é o concurso de funcionarios dos grupos anteriormente mencionados, foron entregados por primeira vez no ámbito da Comisión de Persoal celebrada o 2 de febreiro, outorgando un prazo de alegacións ata o día 7 de febreiro, e trasladados polas organización mediante correo sindical o día 5 de febreiro.

Ante esa tesitura, considerando que se trata dun concurso que afecta a funcionarios, SEPGA tivo que reclamar, con data 6 de febreiro, que se lle enviaran os borradores que se estimasen pertinentes, para así ter coñecemento dos mesmos polos condutos establecidos, iso si, con 4 días de retraso ao respecto e debido á nosa reclamación.

SEPGA manifesta que, en ánimo da nosa representación sindical no ámbito do persoal funcionario, debe ser coñecedor en igualdade de condición daquelas cuestións que afecten ao persoal funcionario, no que recordemos obtivo un 19% dos representantes, dato que a sitúa coma terceira organización sindical neste ámbito. Así, situacións coma esta ou outras semellantes consideramos que non deben ter lugar en aras dun axeitado funcionamento da representación e liberdade sindical.

Finalmente a D.X. de Función Pública anunciou que respecto dos días 24 e 31 de decembro, en caso de ter que traballar, terase dereito a dous días máis de asuntos particulares, tanto sexa nun rexistro de atención ao público como en calquera outro posto.

Podes atopar as primeiras alegacións presentadas por escrito antes da mesa, no documento que se xunta.