Cargando...

Novas Mais Novas

Alegacións ao borrador sobre carreira profesional 2025

14/01/2025

foto  Alegaciones al borrador sobre carrera profesional 2025

Ante a necesaria convocatoria de graos para a carreira administrativa, a Dirección Xeral de Emprego Público trasladou un borrador de acordo para a negociación co fin de que as organizacións sindicais realicen as alegacións que consideren oportunas.

Por parte de SEPGA, tendo sempre presente o noso plantexamento da carreira como un recoñecemento e un incentivo para o empregado público, en canto a unha traxectoria profesional, coñecementos, implicación no marco dunha organización, consideramos que o documento é manifestamente mellorable por canto adolece das seguintes cuestións:

O método de solicitude do grao correspondente na carreira debe ser permanente e aberto de tal xeito que non se dependa das convocatorias e poda ser prexudicial para os empregados públicos que por distintas circunstancias non podan neses intres solicitar o grao correspondente.

É decepcionante o establecemento de un pago progresivo a un dereito obtido mediante a correspondente resolución pero que a diferencia de outros complementos, como trienios ou consolidación de grao persoal, non presentan efectividade inmediata no aspecto económico. De feito o pago progresivo en catro anos, de tal xeito que nos dous primeiros anos tan só se acada un 40% do pago e aos tres anos un 66%, cualifícase por se mesmo.

Moitos empregados públicos, que levan unha vida de traballo na administración e que veron relegada a expectativa de carreira polas crises económicas, que viviron os recortes, as conxelacións salarias, se xubilarían se sequera chegar a cobrar o grao III completo e moito menos o grao IV a pesar de ter máis de trinta, ou incluso corenta anos de servizo. Así, reclamamos que canto antes se aborde un grao IV extraordinario que permita o seu acceso, en consideración de toda unha vida profesional dedicada ao servizo público, aspecto sobre o que formularemos propostas.

En calquera caso, abordar unha " negociación" no marco do mes de xaneiro de 2025, cos presupostos xa aprobados, en realidade supón unha negociación condicionada e "virtual" máis que real. Durante todo o segundo semestre do ano 2024 se tivo tempo para realizar unha verdadeira negociación, tal e como se establecía na normativa e documentos obrantes.

Por último, respecto dos criterios de avaliación, aínda que SEPGA entende que a carreira debe ser un recoñecemento ao esforzo e formación das persoas que ostentan un emprego público, dada a vía que se ten plantexada dende o acordo do ano 2019, entendemos que estos requisitos, sobre todo para novo o grao III, deben seguer a senda da proporcionalidade, tal e como se observa nos graos I e II.

Xuntamos o documento principal de alegacións e propostas.

Tamén presentamos observacións concretas ao articulado e un resumo daquelas propostas que fixéchemos chegar, que poidedes ler nos seguintes enlaces