Cargando...

O empobrecemento dos empregados públicos galegos

Administrador admin (29/07/2025)

foto O empobrecemento dos empregados públicos galegos

O empobrecemento dos empregados públicos galegos chega a niveis nunca vistos en tempos de forte expansión

 

Dato versus relato: a Xunta de Galicia aprobou durante os últimos 5 anos unha perda de poder adquisitivo maior que o aumento dos salarios.

 

Os empregados públicos somos un colectivo responsable, asumimos con sacrificio o recorte do soldos nos anos posteriores á crise financeira, tanto por redución de salarios como por conxelacións sucesivas. Moitos sabíamos que nunca recuperaríamos dito poder adquisitivo en termos reais. O que nunca imaxinamos é o que está a acontecer actualmente: unha perda de poder adquisitivo nunca vista en tempos de forte expansión económica e do gasto público.

 

Os datos son claros, o goberno estatal e o autonómico financian gran parte do incremento do gasto público, con incrementos substanciais en partidas cun gran peso do gasto político discrecional, coa diminución dos salarios dos empregados públicos, o gasto público non para de aumentar a cifras nunca vistas (aínda que cada vez é máis complicado saber a cifra con rigor, especialmente no ámbito estatal pola falta de orzamentos e as imputacións nos mesmos dos fondos europeos).

 

Sabemos que o diñeiro non é infinito, e sen dúbida, a clase política sabe que o máis sinxelo para cadrar as contas é diminuír as retribucións dos empregados mantendo contentas ás direccións dos sindicatos de clase, o custo beneficio é máis que satisfactorio, non aumentar os salarios dos traballadores públicos de acordo coa inflación é moi apetitoso. No caixón queda a subida de soldos polo goberno estatal no ano 2025, mentres a Xunta arrastra os pés co recoñecemento do grado III carreira profesional extraordinaria, e parece que os arrastrará máis co pago diferido en catro anos, pero todos os asinantes dos diferentes acordos conxelados calados e pacientes, o nunca visto.

 

Mentres, determinados dirixentes sindicais de clase no ámbito estatal aplauden o maltrato aos empregados públicos nun momento de expansión económica e do gasto público. Estes sindicatos consideran un éxito o golpe dado aos empregados públicos no ano 2025, e que se pague un 0,5% correspondente ao ano 2024 en xullo/agosto do 2025, feito que se suma a máis dunha década de abusos dos diferentes gobernos, tanto a nivel estatal como autonómico.

 

Os seguintes datos acreditan como se aumenta o gasto público en liña coa inflación, evidente correlación:

 

 

A pesar do anterior, castigan aos empregados públicos nos seus salarios (datos baseados nas ordes de nóminas dos anos 2020 a 2025):

 

 

Incrementos anuais

 

IPCE BASE 2021 IGE

2021

2022

2023

2024

2025 estimado

Total Periodo

España

3,10%

8,40%

3,50%

2,80%

2,50%

20,30%

Galicia

3,50%

9%

3,60%

2,90%

2,50%

21,50%

 

Gasto Público

2021

2022

2023

2024

2025 estimado

Total periodo

España

5.34%

4,25%

6,88%

6,15%

3,20%

25.82%

Galicia

4,25%

0,45%

8,50%

5,00%

2,60%

20,80%

 

 

En todos os subgrupos de persoal funcionario, a perda de poder adquisitivo é superior ao incrementos dos salarios nos últimos cinco anos, con porcentaxes de perda de poder adquisitivo semellantes en todos eles:

 

Salario bruto. Posto base

2020

2025

Incremento real

Incremento aplicando IPC

Perda poder adquisitivo

% perda poder vs. incremento salarial

A1

30.310,88

33.417.12

3.106,24

6.516,84

3.410,60

109,80%

A2

26.112.22

28.788,38

2.676,16

5.614,13

2937,97

109,78%

C1

21.846,46

24.085,32

2.238,86

4.696,99

2.458,13

109,79%

C2

19.224,84

21.195,10

1.970,26

4.133,34

2.163,08

109,79%

A.P.

17.478,58

19.270,02

1.794,44

3.757,89

1.966,45

109,77%

 

Adoptamos unha aptitude de prudencia nos cálculos, xa que tivemos en conta o IPC oficial. Moitas opinións apuntan a que este non se corresponde co IPC real que nos encontramos na compra dos alimentos básicos, a vivenda, os subministros de enerxía e combustibles, etc.; nos tamén o pensamos. Respecto do incremento do IPC, non tivemos en conta o interese composto, derivado das acumulacións das subidas previas, o que levaría o dato do período ao 23,2% de suba.

 

Comentarios Recientes

Destacados

Tu Opinión